Sunday 28 de April de 2024

Rematada a execución de varias pistas en Pereira, Buscás, Barbeiros e Ordes con cargo ao POS+2018


Con un importe na licitación de mais de 271.000 euros leváronse a cabo diversas obras de mellora e afirmado nas parroquias de Pereira, Buscás, Barbeiros e na Rúa Boavista da vila de Ordes.

Con cargo as axudas correspondentes ao plan único complementario do ano 2018 veñen de rematarse seis actuacións en outras tantas vías do termo municipal do concello de Ordes, en concreto actuouse con melloras e reafirmados nas parroquias de Pereira, Buscás, Barbeiros e na Rúa Boavista da vila de Ordes.

Características das obras executadas.

1. Pista dende Igrexa a estrada DP-3802 pasando polo Carballo en Pereira. Actuouse en unha lonxitude de 1.400 metros e ampliouse a plataforma de 4 a 5 metros, con unha capa de rodadura de 5 centímetros de aglomerado en quente, contemplando tamén a limpeza de gabias e salvagabias e a canalización de varias taxeas en sección de 40 centímetros para o correcto drenaxe transversal e lonxitudinal. A actuación rematouse co pintado das liñas de borde, símbolos e colocación das sinais verticais precisas.
2. Estrada Soutozar a Aldea de Abaixo en Pereira. Pista da rede de camiños da concentración parcelaria, con dous treitos, un de 170×5 e outro 225×5, onde se mellorou a rodadura con xabre, logo con 15 centímetros de grava e posterior triplo tratamento asfáltico profundo.
3. Pista que une Framilláns co límite con Vilamaior en Buscás. Con unha lonxitude total de 990 metros e 5 de ancho, mellorouse a rodadura con 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de baches e perfilado de mordentes; así como limpeza de gabias e salvagabias, e sinalización horizontal e vertical adecuada.
4. Pista da rede de camiños de concentración parcelaria da 2ª fase da zona da parroquia de Buscás, que une Uzás con Framilláns. Con unha lonxitude 285 metros de longo e 5 da ancho cos abanicos correspondentes, mellorouse a rodadura con xabre, logo con 15 centímetros de grava e posterior triplo tratamento asfáltico profundo.
5. Pista principal de Barbeiros, tramo Mandaios a Baltares. Con unha lonxitude de 1.110 metros e 5,50 de ancho, así como os sobreanchos correspondentes, aparte de un ramal de 35 metros de lonxitude e 3 metros de ancho, mellorouse en ambos casos a rodadura con 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de baches e perfilado de mordentes; así como limpeza de gabias e salvagabias, e sinalización horizontal e vertical adecuada.
6. Rúa Boavista en Ordes, paralela que entronca coa rúa Reverencia e coa rúa Vista Alegre en unha lonxitude de 210 metros e 3 de ancho, onde se acometeron obras de mellora da capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa preparación do terreo, e posterior sinalización horizontal e vertical.